domingo, 31 de mayo de 2009

Alma de artista


Examina atentamente todo o que sucede o seu arredor e lle engade a súa capacidade de resposta que non deixa nunca de sorprenderme. Podería pintar e ofrécenos a súa visión do mundo a través de intensas paisaxes pero o noso "Ja" atopou outros fíos condutores para amosarnos a súa realidade.
Así, utiliza as cordas do violín e da guitarra para levarnos pola escala do pentagrama. As letras xuntaas para escribir textos intelixentes, e os movementos da danza para voar como Billy Eliot. A súa imaxinación , en definitiva, envolvea, nos seus doce anos, para regalala, polo de agora ,ós mais achegados.
Onte o noso "Ja" e os seus compañeiros do "Laboratorio AFI" leváronme da man por cidades imaxinarias. Así que do mismísimo Teatro Principal,convertido en porto galego, marchamos cara a Brasil, Nova York e Marrocos. A viaxe durou , tan só,corenta e cinco minutos pero foi espléndida. O publico posto en pé aplaudiu a rabiar.
Non sei se habería olleadores, como no fútbol, pero alí estaban algúns dos futuros artistas que, en pouco tempo, van facernos rir e chorar no patio de butacas.

2 comentarios:

Gato Negro dijo...

El "Ja" te da las gracias.
Millones de besos de parte del Laboratorio (en el que me incluyo).

Gato Negro dijo...

Pez globo...